Así informou a TVG da morte de dous pacientes nos corredores do CHUS
O día 11 de xaneiro, día no que se deu a coñecer a noticia da denuncia ante a fiscalía do falecemento de dous pacientes nos corredores do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, a Televisión de Galicia dedicou tan só 30 segundos a informar do suceso.
O 11 de xaneiro, cando saltou a noticia da denuncia ante a fiscalía do falecemento de dous pacientes nos corredores do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, o Telexornal do Mediodía de a Televisión de Galicia dedicou tan só 30 segundos a informar do suceso.
Os corredores do CHUS colapsados
DOBRE DE TEMPO PARA O CONSELLEIRO
A peza informativa do Telexornal Mediodía do venres, cunha duración de apenas 30 segundos, recolle as declaracións da profesional sanitaria que informou dos feitos ante a fiscalía, durante a súa comparecencia na comisión de investigación alternativa de a oposición.
En cambio, a noticia posterior, coas declaracións do conselleiro Vázquez Almuiña, ten unha duración que duplica á dos falecidos no CHUS, dando así prioridade informativa ás palabras do Conselleiro de Sanidade, que non fai mención en ningún momento á morte dos pacientes nos corredores do complexo hospitalario.
Ademais, en titulares non aparece a noticia da denuncia dos falecementos ante a fiscalía.
O SÁBADO SÓ SAÍRON O CONSELLEIRO E FEIJÓO
Pola contra, no Telexornal Mediodía do sábado a noticia si aparece en titulares, pero informando só de que a Xunta nega a morte dos dous pacientes nos corredores e que apoia a versión ofrecida pola dirección do CHUS.
A peza é de máis dun minuto de duración, o dobre que a denuncia orixinal. Recolle exclusivamente as declaracións de Vázquez Almuiña e Feijóo, que se apoian no comunicado do complexo hospitalario e negan os feitos denunciados, recalcando que se seguiu correctamente o protocolo de actuación e que o SERGAS mantén aberta unha investigación.
Nesa mesma peza só recóllense as impresións de dous dirixentes do goberno do PP, sen facer mencion ás declaracións de a oposición ou dos sindicatos médicos denunciantes.
O Telexornal Mediodía é o máis visto e líder dos informativos televisivos en Galicia, e por tanto a principal fonte de información da cidadanía a nivel cuantitativo.
Escribe o teu comentario