Trasladan á leira familiar ao detido polo crime de Sárdoma para un rexistro

O home detido o pasado xoves como presunto autor da morte do seu pai, de 81 anos de idade, na parroquia viguesa de Sárdoma foi trasladado este sábado á leira familiar para a realización dun rexistro.

|

O home detido o pasado xoves como presunto autor da morte do seu pai, de 81 anos de idade, na parroquia viguesa de Sárdoma foi trasladado este sábado á leira familiar para a realización dun rexistro.


Rexistro este sábado da vivenda familiar de Sárdoma


Pasadas as 12,00 horas o detido chegou á leira familiar para estar presente, xunto co seu letrado, nun rexistro domiciliario. Ata alí desprazáronse tamén efectivos de Policía Científica da Comisaría que están isnpeccionando a leira.

O home foi detido tras confessar durante un rexistro que matara ao seu pai no transcurso dunha discusión. Está previsto que pase a disposición xudicial durante este domingo.

O cadáver de Manuel A.R. foi localizado o pasado 7 de xaneiro por dous veciños da zona nunha área próxima ao río Eifonso, a uns 600 metros da leira familiar. O corpo estaba tapado con vexetación, plásticos e trapos, e cos pés descalzos suxeitos cun cinto.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE