Un enchufe levará a Miguel Fernández-Cid a dirixir o MARCO, denuncia a marea

A forza da oposición alerta que se retirou a esixencia de inglés e galego para que o ex-director do CGAC puidese ser novo director do MARCO


|

A forza da oposición alerta que se retirou a esixencia de inglés e galego para que o ex-director do CGAC puidese ser novo director do MARCO


O portavoz municipal de Marea de Vigo, Rubén Pérez Correa, sostivo este xoves que no proceso de selección do novo director do Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) hai un "previsible dedazo" e que, tras contactar con representantes do tecido cultural vigués, todos coñecen xa o nome do candidato.


Rubén Pérez este xoves en Vigo.
"É significativo que o nome do novo director xa estea en boca da xente do mundo artístico", sinalou Rubén Pérez, quen apuntou que ese nome é Miguel Fernández-Cid, actual tesoureiro da Real Academia Galega de Belas Artes, que foi director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) entre 1998 e 2005.

Marea de Vigo acumula "sospeitas" sobre o proceso de selección do futuro director do MARCO, que comezará a finais deste mes, e sobre as bases para a súa elección, que se presentaron "de maneira sorpresiva" tras anunciar que non habería unha persoa á fronte do museo despois da dimisión de Iñaki Martínez Antelo.

"SOSPEITAS" DE BASES A MEDIDA
Rubén Pérez anunciou que a súa formación interpelará no próximo pleno ao goberno local sobre a redacción das bases para o proceso de selección do director do MARCO ante as "sospeitas" de que foron "adaptadas" ao currículo de Miguel Fernández-Cid e de que se elaboraron coa "axuda" do director da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo.

"Se nestas bases participou a Real Academia Galega de Belas Artes, con toda lóxica o seu tesoureiro non pode ser o novo director do MARCO", aseverou o portavoz de Marea de Vigo.

NON SE PIDE NIN GALEGO NIN INGLÉS
"Queremos saber se participaron na redacción das bases e se o feito de que se eliminasen as competencias de galego e inglés foi para ir acorde co candidato", agregou Pérez Correa, quen o pasado mes de novembro xa criticara que as bases tiñan "demasiados criterios subxectivos".


Miguel ferandez cid
Miguel Fernández-Cid | sala rekalde


O portavoz destacou que o seu grupo seguirá "defendendo" un MARCO cun director independente con criterio e cun orzamento para levar a cabo proxectos museísticos e lamentou que o orzamento actual do museo "imposibilita un futuro digno" para esta institución.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE