Ribadeo será o centro de atención do mundo do surf

‘Ou Panchorro’, como se coñece á onda de 20 metros que se produce fronte á Illa Pancha, é o gran atractivo do ‘Illa Pancha Challenge’, un evento do mundo do surf que conta coa participación de 24 prestixiosos profesionais do deporte.


|

‘Ou Panchorro’, como se coñece á onda de 20 metros que se produce fronte á Illa Pancha, é o gran atractivo do ‘Illa Pancha Challenge’, un evento do mundo do surf que conta coa participación de 24 prestixiosos profesionais do deporte.


Surfpantinclassic


O evento está apoiado pola Deputación de Lugo, que achega 12.000 euros ao evento. Campo Conde, presidente da Deputación, destacou que se trata dun evento “cunha gran repercusión internacional, que espera reunir na Mariña a 7.000 persoas”. “Trátase dun escaparate único que servirá para dar a coñecer á nosa provincia en xeral e á Mariña en particular máis aló das fronteiras do país”, afirma o presidente, que afirma que Lugo converterase “durante uns días na capital mundial do surf”.


Na Mariña tédevos as características perfectas para celebrar este tipo de eventos: máis de 100 km e costa e case 20 puntos destacados para a práctica do surf”, sinala Campo Conde.


Doutra banda, o evento tamén pretende ser unha ponte entre o deporte e o ecoloxismo. O campionato pretende incentivar unha serie de prácticas respectuosas co medioambiente coa finalidade de que o impacto ambiental do evento sexa cero. “O que se pretende é dar a coñecer este enclave natural único de modo respectuoso e único”, apunta o comunicado da deputación lucense. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE