As redes poñen boa cara ao mal tempo

As baixas temperaturas que están a azoutar Galicia neste principio de ano enchen de fotos as redes sociais, mostrando unha bela estampa invernal por toda a comunidade.


|

As baixas temperaturas que están a azoutar Galicia neste principio de ano enchen de fotos as redes sociais, mostrando unha bela estampa invernal por toda a comunidade.


Frio galicia


O devandito popular reza que: “Ao mal tempo, boa cara”. Pois as redes sociais están a encargarse de poñerlle boa cara á bolsa de aire frío que está a deixar xeada a toda Galicia. Temperaturas de ata -9ºC están a obrigar ás galegas e os galegos para saír á rúa baixo o seu propio risco, especialmente a primeiras horas da mañá.


Con este frío, saír da cama para ir traballar faise aínda máis difícil, pero o lado bo é que estas temperaturas están a deixar imaxes invernais que debuxan unha bela paisaxe por toda a comunidade.


Prados xeados, fontes conxeladas, néboas, ceos despexados, atardeceres de envexa… A onda de frío está a animar a moitos a darse un paseo cámara en man para lograr algunhas instantáneas atípicas, que reflicten un lado de Galicia que a choiva non sempre deixa ver.



A situación prolongarase ata, polo menos, comezos da semana que vén. Ata entón, teñamos ben preto o brasero, o chocolate quente, a manta e, se nos armamos de valor, a cámara, para non esquecernos que o frío ten as súas cousas boas.


Aínda que algúns están obrigados a pasar frío...

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE