O incendio da Mezquita continúa activo e xa calcinou 60 hectáreas
O lume, iniciado en varios puntos ás 14:30 horas do xoves, afecta á parroquia de Castromil.
O lume, iniciado en varios puntos ás 14:30 horas do xoves, afecta á parroquia de Castromil.
A superficie afectada polo incendio forestal declarado no municipio ourensán da Mezquita alcanza xa as 60 hectáreas, segundo as últimas estimacións comunicadas pola Consellería do Medio Rural a través da conta de Twitter '@incendios085'.
Segundo as últimas estimacións ou #IFCastromilAMezquita afecta unha superficie dunhas 60 hectáreas. Actualizarase a información cando se teñan máis datos.
— incendios 085 (@incendios085) 3 de xaneiro de 2019
O lume, iniciado en varios focos simultáneos ás 14,33 horas deste xoves e que permanece activo, afecta á parroquia de Castromil.
Nas tarefas de control traballaban na tarde do xoves catro axentes, tres brigadas e medios aéreos.
Escribe o teu comentario