Música para loitar contra “o tabú” das enfermidades mentais

Un disco colaborativo, impulsado polo programador e afeccionado á música Carlos Morais Pereira, en colaboración coa Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia, busca ser unha ferramenta de divulgación para superar o estigma social que rodea ás enfermidades mentles.


|

Un disco colaborativo, impulsado polo programador e afeccionado á música Carlos Morais Pereira, en colaboración coa Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia, busca ser unha ferramenta de divulgación para superar o estigma social que rodea ás enfermidades mentles.

 

Carlos Morais, impulsor do disco 'Disorders'



O proxecto, que busca normalizar estas enfermidades, naceu fai catro anos da man de Carlos Morais, un programador web freelance que puxo en marcha un proxecto baixo o nome 'Fear of Missing Out' para dar a coñecer os problemas de saúde mental en primeira persoa a través dun disco como proposta inicial.

A partir dese momento, tal e como sinala o creador nun comunicado de Feafes, a iniciativa "tomou vida propia" e derivou en 'Disorders', un proxecto artístico multidisciplinar no que participan "múltiples persoas con problemas de saúde mental de todo o mundo".

Ademais, recentemente púxose en marcha unha campaña de 'crowdfunding' para dar visibilidade ao proxecto e recadar fondos para o movemento asociativo de saúde mental en Galicia. Aqueles que fagan as súas doazóns, recibirán diversas "recompensas", moitas delas elaboradas por usuarios das asociacións de Saúde Mental Feafes Galicia.

Segundo explica Carlos Morais, 'Disorders' "é moito máis que un disco: é un proxecto colaborativo inspirado pola saúde mental". Cada unha das cancións do proxecto musical está inspirada nun trastorno diferente, "un tema tabú que este disco pretende sacar á luz con normalidade, respecto, empatía e agarimo".

A iniciativa, coa que Carlos Morais pretende "achegar un gran de area na loita contra o estigma que pesa sobre os problemas de saúde mental", é un disco "de metal progresivo/ambiental no que tamén colaboraron músicos de diferentes bandas como 'Quaoar', 'Stoned at Pompeii' ou 'Sweet Death'.

As letras do disco, "que falan sen reviravoltas sobre depresión, esquizofrenia ou trastorno bipolar, entre outros", foron escritas por persoas que coñecen de primeira man os problemas de saúde mental e que colaboraron voluntariamente no proxecto.

Saúde Mental Feafes Galicia tamén participou na iniciativa con varios usuarios das súas asociacións, que "ilustraron" algunhas das cancións que forman parte do libreto e a portada do disco.

FEAR OF MISSING OUT

'Fear of Missing Out', o proxecto no que se enmarca o disco 'Disorders', é unha proposta na que Carlos Morais "leva traballando moito tempo" e na que se encargou de compoñer, contactar cos letristas, gravar guitarras, teclados ou voces.

Na batería contou co artista Héctor Agulla do grupo 'Loiros' e no baixo con Antón F. Piru, de 'Stoned at Pompeii' e 'Mooncresta'. No disco tamén participaron Aitor 'The Malamute' Zorriketa de 'Quaoar' e 'James Room & Weird Antiqua', Xela Riveira do grupo 'Sweet Death' e Víctor Castro.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE