Teatro para os máis novos de man do CDG

O Salón Teatro de Santiago acolle este fin# de semana actuacións e talleres dirixidos aos máis pequenos, que organiza o Centro Dramático Galego (CDG) no marco dunha programación especial por Nadal.

|

O Salón Teatro de Santiago acolle este fin de semana actuacións e talleres dirixidos aos máis pequenos, que organiza o Centro Dramático Galego (CDG) no marco dunha programación especial por Nadal.



Malasombra vos fabulosos cleaners


Así, a montaxe 'Os fabulosos cleaners', de Malasombra Producións, poderá verse o sábado 29 (19,00 horas) e o domingo 30 (12,30 horas). As entrada están á venda na web (entradas.abanca.com) e o despacho de billetes do Salón Teatro.


Xoque Carvajal e Jouse García son 'Os fabulosos cleaners', dous operarios encargados da limpeza dun teatro, que realizarán un espectáculo con pompas e burbullas, cheo de cores e formas.


Estas dúas sesións poden acompañarse do taller 'Visto non visto', dirixido a nenos a partir de tres anos, que imparte Elea López nas dúas horas previas aos pases no Salón Teatro.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE