Socios apalabran a venda do Centro Galego e Arxentina tenta parala
O grupo Buenos Aires Servizos de Saúde (BASEA) presentou unha oferta pola sede do histórico Centro Galego de Buenos Aires. Iso se, BASEA só informou dos detalles ás agrupacións de socios verbalmente, segundo informaron a Galiciapress fontes da directiva electa.
O grupo Buenos Aires Servicios de Salud (BASA) presentou unha oferta pola sede do histórico Centro Galego de Buenos Aires. Iso ie, BASEA só informou dos detalles ás agrupacións de socios verbalmente, segundo informaron a Galiciapress fontes da directiva electa.
Alejandro e Raúl Olmos, de Basea Saúde, na presentación dunha das súas cabeceiras | Colectivo dos traballadores de prensa
A masa social está convocada a unha asemblea na que se votará a venda do inmoble de Belgrano (na zona nobre da capital) este sábado. Segundo as citadas fontes, tanto a directiva electa como algunhas das agrupacións nas que se organizan internamente os socios déronlle luz verde.
Por tanto, en teoría, este sábado podería aprobarse que pasase a ser propiedade dunha empresa. Está por ver que pasa co seu patrimonio histórico e cultural, dun enorme valor simbólico para Galicia e España, pois o Centro foi a maior institución da emigración do país, con máis de 110.000 socios.
ARXENTINA PROMETE 10 MILLÓNS, DEPOSITA SÓ 3
Arxentina tamén moveu ficha. O estado albiceleste presentou unha oferta de 10 millóns de pesos (uns 200.000 euros) para paliar as débedas, pois a moitos traballadores débenlles ata doce mensualidades. A credibilidade da promesa esvaeceuse pouco despois, cando no canto de 10 millóns só se concretaron 3.
Isto alporizou aínda máis os ánimos dos asalariados. O venres houbo un peche e onte mércores outro:
A oferta do Estado "implicaba paralizar a concreción da operación en marcha", segundo as citadas fontes. En resumo, parece que están a darse pasos para sacar ao Centro da súa posible quebra, sen que a Xunta nin España interveñan ata agora.
A este lado do Atlántico, as autoridades seguen mudas a pesar da posibilidade de que se desapareza unha parte fundamental da nosa historia. A ninguén se lle escapa que sen vender o céntrico predio, o Centro crebará pronto.
Desentendéndose do hospital -que chegou a ter 5 plantas e agora está case desmantelado-, Xunta e Estado só mostraron interese por salvar o patrimonio cultural, composto por miles de volumes e unha pinacoteca que é probablemente a máis importante de pintores galegos en mans privadas.
Agora ben, hai que ter en conta que a directiva electa prometeu que só daría luz verde ás ofertas que - ademais de salvagardar para sempre a atención sanitaria aos socios, pagar os salarios aos traballadores e finiquitar a monstruosa débeda- garantise que o Centro seguise con actividade cultural.
Está por ver en como se concreta por escrito a oferta e se os socios, moi divididos, apróbana definitivamente, tras recibir luz verde preliminar da directiva electa e de polo menos algunhas agrupacións. Nunha pasada asemblea este ano, xa rexeitaron unha proposta doutro grupo, Ribeira Salud.
PELOTAZO INMOBILIARIO?
Ramón Suárez, que gañou as eleccións hai uns meses, advertiu que non tomará posesión oficial como presidente se non se concreta a oferta, que cre a unica vía para esquivar a desaparición. O Centro leva anos intervido pola administración arxentina, aínda que os socios conservan o poder sobre a venda do patrimonio. O predio de Belgrano, a parte do seu valor histórico, está nunha zona céntrica de Buenos Aires.
Como é moi antigo -e por tanto necesitaría un investimento enorme para modernizar o vetusto hospital- algúns traballadores temen que detrás da venda haxaun pelotazo urbanístico.
BASA é do grupo dos irmáns Olmos, que se di líder nos sectores sanitarios e de comunicación -ten varios xornais e unha televisión- pero tamén opera unha inmobiliaria.
Escribe o teu comentario