Viaqua presenta o primeiro ‘Aquae Campus’ online
Cecilia Tham, Pablo Martínez Ruiz da Árbore e Santiago Roncagliolo impartirán as master class, filmadas no Campus de Ourense da UVI na Facultade de Económicas da USC, grazas ao apoio da empresa nas distintas edicións do ‘Aquae Talent Hub’.
Cecilia Tham, Pablo Martínez Ruiz da Árbore e Santiago Roncagliolo impartirán as master class, filmadas no Campus de Ourense da UVI na Facultade de Económicas da USC, grazas ao apoio da empresa nas distintas edicións do ‘Aquae Talent Hub’.
Baixo o lema ‘Innovación & Inspiración’ Viaqua estrea, por medio da Fundación Aquae, o o seu primeiro ‘Aquae Campus’ en formato exclusivamente online. As exposicións dos expertos, de media hora de duración, son presentadas por Irene Lapuente, experta en Comunicación e Pedagoxía e cofundadora da Mandarina de Newton, empresa que une ciencia e tecnoloxía para fomentar a creatividade. Ademais, Lapuente realiza talleres prácticos, de carácter temático, para facilitar as ferramentas coas que abordar as áreas tratadas nos vídeos.
“As novas tecnoloxías permiten que este campus online potencie a participación dos seguidores, con dinámicos xogos interactivos e preguntas directas que mostran e contextualizan os seus coñecementos sobre as temáticas analizadas”, sinalan na nota emitida pola compañía.
Ademais, a empresa sostén que a plataforma “explora a innovación cultural”, na que se atopa a editora e escritora Valerie Miles, “convertida en ponte intercultural entre o mundo hispánico e o anglosaxón, conseguindo que lectores de todo o mundo descubran o talento de autores como o chileno Roberto Bolaño, de cuxa obra Miles é experta”.
Escribe o teu comentario