Un taxista dá positivo en drogas cando transportaba un pasaxeiro
Axentes da Garda Civil de Tráfico interceptaron nun control en Vigo ao condutor dun taxi que circulaba baixo os efectos das drogas, e que levaba a bordo un pasaxeiro.
Segundo informaron fontes do Instituto Armado, a actuación produciuse no marco da estratexia de seguridade impulsada polo Sector de Tráfico de Galicia, e tivo lugar o pasado 4 de novembro.
Así, nun dos controis preventivos que a Garda Civil desprega para a detección de alcol e drogas nos condutores, efectivos do destacamento do Porriño interceptaron a oun taxista que circulaba pola AP-9V, no termo municipal de Vigo.
Ao ser sometido á proba de detección de drogas, o condutor de servizo público (que levaba un viaxeiro a bordo), deu positivo para cannabis e cocaína. Estes resultados foron ratificados semanas despois polo informe do laboratorio.
POSIBLES PENAS
O taxista enfróntase a penas de prisión de 3 a 6 meses, a multas de 6 a 12 meses ou a traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días e, en calquera caso, á prohibición de volver conducir vehículos a motor de 1 a 4 anos.
Escribe o teu comentario