O persoal das ambulancias loita por mellorar a súa situación: “Traballamos en ambulancias con pingueiras”

A CIG, no marco dunha nova mobilización celebrada en Santiago, denuncia a precariedade dun sector que reclama un novo convenio.


|

A CIG, no marco dunha nova mobilización celebrada en Santiago, denuncia a precariedade dun sector que reclama un novo convenio.


Ambulanciashospital


O sector do transporte sanitario volveu alzarse en armas esta mañá en Santiago de Compostela na súa loita por lograr un novo convenio e desterrar de forma definitiva co que contan, caducado dese hai 3 anos. Ademais, demandan un servizo público de máis calidade na concentración que tivo lugar ás portas do Hospital Clínico compostelán.


Na nota emitida pola CIG, o sindicato denuncia que a pesar de que a mesa negociadora do convenio está constituída, “dá a sensación de que a patronal está a dilatar a negociación de forma premeditada”. Así, os traballadores e traballadoras reclaman “a implicación de la Xunta na solución deste conflito, embarrancado desde hai 3 anos e que así se garanta o cumprimento dos compromisos adquiridos polas empresas para que se solucionen as carencias do servizo”.


O sindicato considera que as condicións laborais nas que se atopan os membros do sector son “inadmisibles”. “Hai empresas onde o persoal hai 50 horas extras ao mes, sen descansos e coas vacacións mal reguladas, con falta de persoal ou onde as empresas non se fan cargo da desinfección dos uniformes”, denuncia a CIG. De igual maneira, o sindicato denuncia a “precariedade dos concursos públicos” e destaca que se atopan con “ambulancias nas que chove dentro, ou sen a limpeza e desinfección necesarias, avariadas ou deterioradas…”, ademais da “falta de materiais que hai que coller dos hospitais porque as empresas non os poñen”.


Tamén lamentan as trampas das empresas, que no canto de renovar a frota de ambulancias intercámbianas coas doutra área sanitaria. “Así as ambulancias de Santiago foron trasladadas a outra área Sanitaria e para aquí trouxeron as que se estaban utilizando en Lugo”, sinala a CIG.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE