Alarma bacteriolóxica nun cárcere galego

A alerta salta no medio dun conflito laboral e con moitos funcionarios de baixa médica


|

A alerta salta no medio dun conflito laboral e con moitos funcionarios de baixa médica


Ao parecer, hai dous funcionarios que foron illados como medida preventiva


Unha carta recibida no cárcere da Lama, en Pontevedra, motivou a activación da alarma bacteriolóxica ao detectar "algo sospeitoso" nela, segundo informaron a Europa Press fontes da prisión.


Prisión da Lama, en Pontevedra, cárcere
Estas fontes explicaron que a misiva chegou en á primeira hora da mañá deste mércores, e que, ao detectarse nos controis habituais "algo sospeitoso", activouse o protocolo por alarma bacteriolóxica.

Este plan de actuación motiva que ninguén poida entrar nin saír da prisión mentres se realicen os labores para aclarar o sucedido e durante o tempo no que os expertos analizan a carta. Ademais, as dependencias nas que está a misiva permanecen illadas.

Este feito prodúcese nun momento no que máis de unha vintena de funcionarios da prisión atópanse de baixa médica, situación que os sindicatos vinculan coas condicións nas que prestan as súas funcións.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE