Preparando o mundial de tríatlon que acollerá Pontevedra en 2019

O Concello de Pontevedra acolleu este martes a celebración dunha Xunta Local de Seguridade na que se iniciou a preparación do ITU Multisport Festival de tríatlon, que se disputará na cidade do Lérez do 27 de abril ao 4 de maio de 2019.

|

O Concello de Pontevedra acolleu este martes a celebración dunha Xunta Local de Seguridade na que se iniciou a preparación do ITU Multisport Festival de tríatlon, que se disputará na cidade do Lérez do 27 de abril ao 4 de maio de 2019.



Gomeznoya 1



A subdelegada do Goberno na provincia, Maica Larriba, participou na reunión xunto ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; o coronel da Garda Civil Jorge González; a comisaria provincial, Estíbaliz Palma; o xefe da Policía Local, Daniel Macenlle, e outros representantes das forzas de seguridade.

Ao finalizar a reunión o alcalde destacou a importancia de controlar os detalles deste evento deportivo "dunha transcendencia importante" que motivará, explicou, un gran despregamento "en todos os sentidos", en especial respecto a a "seguridade cidadá e dos circuítos".

A estimación é que Pontevedra reciba entre o 27 de abril e o 4 de maio a case 10.000 persoas entre deportistas, técnicos, familiares e afeccionados, o que implica a "máxima colaboración por parte dos corpos e forzas de seguridade do Estado", tal e como comprometeu a subdelegada do Goberno na provincia.

Unha das medidas adiantadas tras a reunión corresponde á Policía Nacional, cuxa comisaria provincial, Estíbaliz Palma, asegurou que se tomou a decisión de non conceder días de asuntos propios ou vacacións aos axentes durante esas datas, que inclúen a tradicional ponte de maio, "para ter o persoal ao 100%".

Ademais trasladarán a información recollida na reunión aos mandos do Ministerio do Interior por se consideran oportuno reforzar con máis efectivos os corpos policiais durante a celebración dos campionatos do mundo de tríatlon.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE