Un galego faise popular coas súas "receitas" de blandiblú (vídeo)

|

O mozo galego que arrasa en YouTube coas súas receitas de slime presenta o seu primeiro libro en Santiago de Compostela


 A librería Os Mundos de Carlota organiza o sábado 22 de decembro, ás 12.30h, unha presentación de “25 receitas de slime sen bórax”, un libro editado por Hércules Ediciones que contén receitas para elaborar slime de diferentes cores, tamaños e texturas, ademais de trucos e consellos. 


No evento, Adrián Pérez, o mozo creador da canle de YouTube “Artistadas en casa”, con máis de 164.000 seguidores, realizará unha demostración e asinará exemplares aos asistentes. Algúns dos seus vídeos suman máis de 8 millóns de visualizacións:





O slime, tamén coñecido como “blandiblú”, é un popular xoguete caseiro que se fixo viral a través das redes sociais como YouTube e Instagram e que arrasa nas rúas e colexios. As súas diferentes cores e texturas e as súas consistencia líquida e viscosa convérteno nunha manualidade moi apreciada polos máis novos. As receitas incluídas na publicación non conteñen bórax. 



Blandiblu slime

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial
Powered by Bigpress