Máis voos entre Galicia e Bilbao a partir da próxima primavera

|

Os voos unirán Alvedro e Sondika dúas veces á semana a partir de abril


A conexión Santiago-Bilbao que ofrece Iberia desde hai anos terá un competidor. Volotea, a compañía aérea das cidades medianas e pequenas de Europa, iniciará por primeira vez as súas operacións no aeroporto de Alvedro mediante a apertura dunha ruta exclusiva con Bilbao desde o próximo mes de abril, segundo informa.


Volotea
A compañía operará dúas frecuencias semanais durante todo o ano. Cun total de 20.000 asentos dispoñibles, os voos operaranse os xoves e domingos.

"Desta forma, Volotea permitirá ampliar a rede de destinos directos desde o aeroporto de Alvedro, ofrecendo unha ruta exclusiva que mellorará as posibilidades de conexión entre A Coruña e Bilbao con voos directos", sinala nun comunicado.

As frecuencias dos voos para partir do 4 de abril serán: A Coruña-Bilbao, todos os xoves e domingos, con saída ás 14,40 horas e Bilbao-A Coruña, todos os xoves e domingos, con saída ás 13,10 horas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial
Powered by Bigpress