A ONCE nomea novo director en Ourense

|

Jesús Sánchez García é o novo director da ONCE en Ourense. Este xoves tomará posesión n un acto con afiliados e traballadores da Organización.



Cupóns once


En concreto, o delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, e o presidente do Consello Territorial da ONCE, Carlos Fernández Lamigueiro, presentarán ao novo responsable da Organización nun acto que terá lugar ás 20:30 horas no salón de actos da ONCE de Ourense.


Jesús Sánchez García é afiliado á ONCE e posúe un pequeno resto visual. Natural de Murcia, ten 35 anos de idade e é Graduado Social. Cursou o máster de Xestión de Centros da ONCE, ademais doutros dous másteres, un de Orientación Laboral e outro de Discapacidade e Autonomía Persoal. Anteriormente traballou en Inserta (Fundación ONCE) e en Cáritas.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress