Carracedo aborda a polémica dos clons humanos
En 1975, Ira Levin escribía “Os nenos do Brasil”, que anos máis tarde sería levada ao cinema por Franklin James Schaffner. Parecíanos pura fantasía a posibilidade de clonar a “pequenos Hitler”. Corenta e cinco anos máis tarde, un científico chinés converte a fantasía literaria nun pesadelo xenético. O maior xenetista galego, Anxo Carracedo, debate sobre esta cuestión nunha conferencia organizada pola Asociación Terra Saúde.
En 1975, Ira Levin escribía “Os nenos do Brasil”, que anos máis tarde sería levada ao cinema por Franklin James Schaffner. Parecíanos pura fantasía a posibilidade de clonar a “pequenos Hitler”. Corenta e cinco anos máis tarde, un científico chinés converte a fantasía literaria nun pesadelo xenético. O maior xenetista galego, Ángel Carracedo, debate sobre esta cuestión nunha conferencia organizada pola Asociación Terra Saúde.
Carracedo
A charla sobre "Literatura e Saúde" terá lugar o vindeiro venres día 14 de decembro ás 20 horas en praza de Cervantes, edificio Abanca Obra Social en Santiago de Compostela. Participarán Mercedes Corbillón (Librería Cronopios) e o doutor Carracedo. A charla será presentada e moderada por Enrique Suárez (da asociación Terra Saúde).
O evento ten un fin solidario, segundo os organizadores, “regalar un libro”. Os libros que traia o público serán regalados a ASANOG (Asociación de axuda nenos oncolóxicos) e Fundación LAREIRA (Prol-saude mental en Villagarcia).
Escribe o teu comentario