Dimisión en grupo de xefes de centros de saúde do SERGAS

Ata o 70% dos xefes dos centros de saúde do SERGAS en Vigo dimitirán este luns ante a "progresiva deterioriación da Atención Primaria" ata "límites imposibles". Así o adianta o sindicato O'MEGA, que concretará os datos desta acción conxunta hoxe en rolda de prensa.


|

Ata o 70% dos xefes dos centros de saúde do SERGAS en Vigo dimitirán este luns ante a "progresiva deterioriación da Atención Primaria" ata "límites imposibles". Así o adianta o sindicato O'MEGA, que concretará os datos desta acción conxunta hoxe en rolda de prensa.



Protesta sergas pediatras coruxo

Unha pasada protesta dos médicos do SERGAS en Vigo


En principio, xa presentaron por escrito ou van presentar a súa renuncia os responsables dos sanatorios de Casco Vello, A Dobrada, Coruxo e  Gondomar. Manuel Rodríguez, de O'Mega en  Vigo, declara que algúns "xa fixeron un escrito" e que  "vaise adherir un grupo maior" durante o acto convocado no Colexio de Médicos olívico para as cinco da tarde.


Fixo estas declaracións durante unha concentración de protesta dos médicos de familia hoxe diante da sede da Consellería de Sanidade en Vigo. A Xunta por agora non reaccionou publicamente a esta noticia.


Os médicos de Vigo están a mobilizarse desde o mes de outubro. Protestan pola falta de persoal, entre outros motivos. Rodríguez sinala que "Galicia ten un problema coa idade dos pacientes". Un envellecemento da poboación, que unido aos recortes e á falta de novas contratacións no SERGAS, está provocando unha "calidade asistencial deficiente" e o aumento das listas de espera.


Os galenos teñen previsto protestar diante da sede do Parlamento de Galicia, mañá en Santiago de Compostela.


SEGUE A FOLGA NAS URXENCIAS DE SANTIAGO

O certo é que o SERGAS vive infestado de conflitos laborais. Hai semanas que as urxencias do Hospital de Santiago están en folga. Un dos portavoces dos folguistas advertiu hoxe que dimisións como a de Vigo poden reproducirse noutros lugares se o SERGAS non toma medidas. Cualifica de "parche" as proposta de abrir unha nova sala de padiolas e reclama "solucións estables". Basicamente, máis persoal.


Protesta de persoal de Urxencias do CHUS.


Por outra banda, hoxe vívese a oitava xornada de folga convocada por O'Mega entre os médicos de atención primaria do SERGAS en todo Galicia. Gran disparidade nos datos de seguimento. A Xunta redúceo a menos do 3%, mentres que o sindicato fala de que sobre o 50% dos convocados secundaron este luns o paro.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE