Lobeira (BNG) culpa a Vox, PP e C's da agresión a un mozo por levar unha camiseta coa bandeira galega

O secretario de Organización do BNG, Bieito Lobeira, atribuíu aos discursos "antinacionalistas" de PP, Cidadáns e Vox a existencia de "un caldo de cultivo propicio" para as agresións como a denunciada por Galiza Nova a un dos seus militantes.

|

O secretario de Organización do BNG, Bieito Lobeira, atribuíu aos discursos "antinacionalistas" de PP, Cidadáns e Vox a existencia de "un caldo de cultivo propicio" para as agresións como a denunciada por Galiza Nova a un dos seus militantes.


Bieitolobeirahorizontal

Lobeira, en entrevista na Radio Galega recollida por Europa Press, condenou a agresión denunciada por un mozo da organización municipal do Bloque, que asegurou que en Pontevedra un grupo de mozos golpeárono ao berro de 'isto é España', por, supostamente, levar unha camiseta coa bandeira de Galicia. Segundo explicou a Galiciapress, o mozo non denunciou porque cre que a Policía non fará nada co caso ao ser o agredido un independentista galego.


"Isto enmárcase nun contexto xeral que é o caldo de cultivo propicio para que se xeren este tipo de agresións por parte da ultradereita ou o fascismo", asegurou, "hai discursos políticos que se fundamentan na intolerancia, no non recoñecemento de nacións, de pobos, linguas diferentes da española, e nese clima antinacionalista que se está xerando desde distintos ámbitos do Estado, desde o Partido Popular, desde Vox, desde Cidadáns, crean o caldo de cultivo propicio para que determinados desaprensivos utilicen estes métodos violentos".


Lobeira asegurou que a agresión sufrida polo mozo non é "illada" porque tamén sufriron ataques as sedes do BNG e reiterou que "hai discursos políticos ou a xeración dunha corrente de pensamento fundamentada na intolerancia e aí si fago responsable ao Partido Popular, a Cidadáns, a Vox, con discurso machista, homófobo, antiinmigración, intolerante cos idiomas diferentes do español" que "xeran ese caldo de cultivo propicio para este tipo de cuestións".


"A ultradereita non é só Vox, tamén está incluída no PP, en Cidadáns", agregou, aínda que matizou que non apuntaba a militantes en concreto: "Non creo que haxa militantes do PP ou de calquera outro signo que eu coñeza nese tipo de prácticas". 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE