25 anos de poesía galega nun documental
Vértice de Versos é a primeira película documental que aborda o esplendor dos anos 90 na poesía galega, en parte a través de entrevistas a algúns dos protagonistas desa época. Esta fin de semana hai unha proxección na Casa-Museo de Manuel María.
A Casa-Museo de Manuel María, no municipio lucense de Outeiro de Rei, programa este sábado, a partir das 19,00 horas, a proxección da longametraxe documental 'Vértice de Versos', que repasa os últimos 25 anos do universo poético en Galicia.
Dirixido e producido por Carlos Lorenzo, este proxecto audiovisual presta atención a cuestións como a fortaleza da poesía nos últimos anos, as novas formas de expresión poética, o valor da lingua ou o papel da muller na poesía actual.
Trátase de a primeira vez que un documental afonda na poesía galega, descubrindo a súa historia, contando a revolución literaria dos 90 e coñecendo como están a ser as novas formas de expresión poética na actualidade.
A longametraxe centra a súa atención en catro poetas de éxito, como son Baldo Ramos, Emma Pedreira, Yolanda Castaño e Gonzalo Hermo, revisando as súas traxectorias, os seus procesos creativos e as súas obras.
Escribe o teu comentario