Critican a posible ampliación dunha mina ao descuberto
Caolines de Vimianzo acaba de solicitar autorización á Xunta para investigar varias zonas na comarca de Bergantiños en busca de minerais como caolín e mica.
Caolines de Vimianzo acaba de solicitar autorización á Xunta para investigar varias zonas n a comarca de Bergantiños en busca de minerais como caolín e mica.
Así figura no DOG do martes 04/12/2018, polo cal se abren a apertura dun período de alegacións ata o próximo 17 de xaneiro. As persoas afectadas poden alegar a os permisos de investigación mineira solicitados por Caolines de Vimianzo, S.A.U. (Cavisa) nos concellos de Laxe, Cabana e Zas.
Desde a Asociación Petón do Lobo critícase o "levantamento da veda mineira na comarca de Bergantiños".
Cavisa ten orixe española, pero desde 1998 é parte do grupo italiano Veneta Mineraria S.p.A., cuxo negocio principal é a comercialización de minerais industriais.
Escribe o teu comentario