Detida unha muller que ofrecia traballos públicos en nome do PP de Ourense

O secretario xeral do Partido Popular de Ourense, Rosendo Fernández, anunciou que a formación popular presentarase como acusación particular no caso da presunta estafadora detida pola Policía Nacional este martes, a cal usaba unha imaxe ficticia para darse a coñecer como man dereita de altos cargos de varias administracións públicas e percibía diñeiro das vítimas a cambio de falsas promesas de traballo ou realización dalgún trámite administrativo.

|

O PP de Ourense preséntase como unha vítima máis da presunta estafadora

O caciquismo que arrasa a provincia axudou a dar credibilidade á muller, que actuou durante máis de cinco anos


O secretario xeral do Partido Popular de Ourense, Rosendo Fernández, anunciou que a formación popular presentarase como acusación particular no caso da presunta estafadora detida pola Policía Nacional este martes, a cal usaba unha imaxe ficticia para darse a coñecer como man dereita de altos cargos de varias administracións públicas (Deputación de Ourense e Xunta de Galicia) e percibía diñeiro das vítimas a cambio de falsas promesas de traballo ou realización dalgún trámite administrativo.



O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, nunha entrevista

Manuel Baltar, presidente da Deputación e do PP de Ourense


Segundo informou a Comisaría da Policía Nacional de Ourense, a detida chegou a estafar no últimos sete anos máis de 60.000 euros durante sete anos de actividade Aínda que as mesmas fontes apuntan 18 vítimas coñecidas, denunciaron 13 e barallan a existencia dun número máis elevado.


Rosendo Fernández expresou este martes a través de un comunicado a súa "máis absoluto rexeitamento aos feitos agora coñecidos" e mostrouse tallante ao afirmar que "o Partido Popular sempre tomará as medidas máis contundentes que poña ao seu alcance a lei contra aquelas persoas que, en nome das nosas siglas, tenten perpetrar accións ilegais en beneficio propio".


O secretario xeral, que lamentou os prexuízos ocasionados ás vítimas pola presunta estafadora, sinalou que os servizos xurídicos do PP "poñeranse a traballar de inmediato para coñecer os detalles destes feitos" e "deixar meridianamente claro" que a formación "é unha vítima máis da detida".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE