A CIG denuncia que o SERGAS perpetúa a "precariedade" coas oposicións para 2018

A CIG-Saúde cualificou a OPE para 2018 do Sergas como unha "tomadura de pelo" para o persoal, dado que perpetúa a "precariedade laboral" ao "limitar a oferta de prazas" á taxa de reposición. Fronte a isto, o sindicato esixe unha Oferta de Emprego na que se convoquen "todas as prazas vacantes desde 2010" e que abarque a todas as categorías.

|

A CIG-Saúde cualificou a OPE para 2018 do Sergas como unha "tomadura de pelo" para o persoal, dado que perpetúa a "precariedade laboral" ao "limitar a oferta de prazas" á taxa de reposición. Fronte a isto, o sindicato esixe unha Oferta de Emprego na que se convoquen "todas as prazas vacantes desde 2010" e que abarque a todas as categorías.



Cig saude protesta sergas


Segundo explicou a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, a oferta limítase a 1.400 prazas, que se convocan atendendo á taxa de reposición común, a taxa adicional á común e a taxa de estabilidade.


Do chamado 100% da taxa común son 925 prazas, que se corresponden coas prazas das xubilacións producidas no ano 2017; da taxa adicional común son 75 prazas, das que Abuín sinala que "son das que presume Feijóo por ser o campión do cumprimento do déficit" e da taxa de estabilidade son os 400 restantes.


Estas últimas, explica Abuín, son, "segundo o Sergas e o acordo sindical, prazas para estabilizar ao persoal temporal que ao 31 de decembro de 2016 levase máis de 3 anos con vínculos temporais no Sergas".


Con todo, á CIG "non lle dan as contas", porque 400 persoas "son as que hai xa nunha soa categoría con contratos de máis de 3 anos".


Tras reclamar a retirada dunha taxa de reposición que considera "inxusta", a CIG lembrou que, cando non había taxa de reposición, as ofertas de emprego do Sergas "eran para todas as categorías", unha situación que hoxe en día pretenden "recuperar".


FALTAN PRAZAS DE ENFERMEIRO ESPECIALISTA

Pola súa banda, a Asociación Galega de Enfermería Familiar e Comunitaria emitiu un comunicado no que considera "insuficiente" a oferta de prazas de enfermeiro especialista en familiar e comunitaria.


O obxectivo "a curto prazo", indican, debería ser "ter un especialista por centro de saúde", para o que sería necesaria unha oferta pública inicial de 100 prazas, dando prioridade a aqueles centros con maiores taxas de envellecemento.


A asociación denunciou tamén a "discriminación" que, segundo apuntan, está a levar a cabo o Sergas "pola presión dalgún sindicato", ao "non priorizar na contratación de curta duración en Atención Primaria a enfermeiros especialistas en familiar e comunitaria", tal e como sucede nas categorías de especialista en saúde mental, enfermeiro especialista do traballo, PSX e auxiliar de farmacia.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE