Marcha por "o desmantelamento do rural" e a reclamación dun pediatra

Os veciños de Mondariz encheron as rúas coas súas reivindicacións na primeira de varias concentracións.


|

Os veciños de Mondariz encheron as rúas coas súas reivindicacións na primeira de varias concentracións.


Veciños de Mondariz protestan para esixir a Sanidade un pediatra


Veciños de Mondariz, Covelo e Mondariz Balneario (Pontevedra) concentráronse na mañá deste venres frente ao centro de saúde da primeira destas localidades, onde denunciaron "o desmantelamento do rural" e esixiron á Consellería de Sanidade que dote aos municipios cun pediatra.

As familias, cos nenos á fronte, contaron co apoio de membros da federación de Anpas, así como de representantes dos grupos políticos e os alcaldes dos tres concellos.

A presidenta da asociación de veciños, Violeta Lois, foi a encargada de ler o manifesto da Plataforma pola defensa do servizo de pediatría en Mondariz, co que lamentou a "decadencia do rural" e esixiu a Sanidade que dote a Mondariz dun pediatra de luns a venres.

Lois lembrou os desprazamentos e os gastos aos que teñen que facer fronte as familias, así como as demoras de tempo nas que incorren ao ser derivados a Ponteareas.


TRIPLA ESIXENCIA

Así mesmo, alertou de que "o modelo de pediatría está en perigo" e denunciou que "os responsables políticos non están a apostar polo rural nin pola atención primaria". "Que a Xunta cumpra o que promete na campaña 'Ruralízate", reclamou.

Lois esixiu que "se restableza o servizo de pediatría" de luns a venres en Mondariz "con atención durante parte da xornada" en Covelo.

Por outra banda, a representante da plataforma alzou a voz para pedir aos dirixentes políticos que se produzan "melloras na atención primaria".

Ademais, chamou á Xunta a que "non desmantele o rural" e pediu aos veciños congregados fronte ao centro de saúde que loiten para non dar "nin un paso atrás en servizos e en calidade de vida". "Os que vivimos no rural somos cidadáns cos mesmos dereitos", engadiu.

MÁIS PROTESTAS

Violeta Lois mostrouse satisfeita polo "éxito" desta primeira mobilización e polo apoio que recibiron por parte dos representantes políticos e de diferentes colectivos.

A desta mañá non foi a única acción reivindicativa por parte desta plataforma. O mércores 5 de decembro, ás 11,30 horas, concentraranse fronte ao centro de saúde de Covelo, e o sábado 15, ás 16,00 horas, está prevista unha manifestación en Mondariz Balneario.

Por outra banda, este domingo, 2 de novembro, as familias afectadas pola retirada de pediatras no centro de saúde pontevedreses de Aldán e cangas do Morrazo, concentraranse fronte ao centro de Aldán para pedir profesionais neste campo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE