As administracións volven ser demasiado permivivas co vertedoiro de Miramontes, segundo os afectados
A plataforma de afectados pide medidas efectivas e contundentes que acheguen solucións reais, mentres mantén a súa loita esixindo o peche total do vertedoiro e a descontaminación da zona.
A plataforma de afectados pide medidas efectivas e contundentes que acheguen solucións reais, mentres mantén a súa loita esixindo o peche total do vertedoiro e a descontaminación da zona.
Imaxe do vertedoiro de Miramontes
Con motivo do anuncio de revisión, por parte da Consellería de Medio Ambiente, da Autorización Ambiental Integrada (AAI) o vertedoiro de Miramontes para restrinxir a entrada de orgánicos, a Plataforma de Afectados polo vertedoiro de Miramontes emitiu un comunicado no que considera que as medidas levabas a cabo pola Consellería son “insuficientes”
“Queremos lembrar que á Consellería que, aínda que a lei non prohibe a entrada de materiais orgánicos non perigosos nun vertedoiro de residuos non perigosos, o proxecto construtivo deste vertedoiro se limita a entrada de materia orgánica a un 10%”, sinala a plataforma, advertindo á súa vez que “todas o proxecto, e especialmente as súas medidas de seguridade, están deseñadas en base á mencionada limitación de materia orgánica”. “Ao non cumprirse esta limitación, os perigos asociados aumentan, podendo chegar a provocar un desastre ambiental para Galicia”, lamenta a plataforma.
Do mesmo xeito, o grupo de afectados critica que a Consellería “pretende aprobar unha autorización que non é máis que unha forma de amparar unha mala praxe”, poñendo de manifesto “a irresponsabilidade das administracións que permiten, sendo dabondo coñecedoras das repetidas vulneracións ao longo dos anos que suceden no vertedoiro, abrigo porque a restrición que se pretende impoñer non liquida o problema de acumulación de materia orgánica que se atopa dentro do vertedoiro e que, presuponse, supera amplamente os límites do proxecto”.
Escribe o teu comentario