Vai haber un hotel no faro das Illas Cíes?
A administración responsable do faro anuncia o uso hostaleiro do faro pero despois matiza a súa información. Hai que lembrar que o director do Parque Nacional das Illas Atlánticas está investigado pola Xustiza por, precisamente, permitir obras no arquipélago que poderían vulnerar a legalidade ambiental.

Faro de Cíes / Drow male Wikipedia Creative Commons
A Autoridade Portuaria de Vigo aclarou este martes que o faro situado nas Illas Cíes será obxecto dunha rehabilitación pero que "non está previsto ningún uso hostaleiro" para esta edificación, como se desprendía da información que facilitaron este luns.
O Porto de Vigo "acondicionará" o faro das Illas Cíes así como "os dous faros situados en Cabo Silleiro" co obxectivo de "mellorar e modernizar" as súas fachadas e o seu "contorno".
Os que serán obxecto de estudo para o seu "posible uso hostaleiro" serán os dous faros de Cabo Silleiro, segundo informou o Porto, que "estudará" esta posible "concesión" unha vez rematados os traballos de acondicionamento.
Por outra banda, o faro das Illas Cíes verá "acondicionada" a súa fachada e "mellorado" o seu camiño de acceso ao longo do próximo ano. Para esta rehabilitación, o Porto investirá "algo máis dun millón de euros" procedentes do Fondo de Compensación Interportuario.
Escribe o teu comentario