(VIDEO) Abel Caballero volve incendiar as redes

O controvertido edil vigués volveu a ser o díxomedíxome das redes sociais. O seu discurso na inauguración da iluminación do Nadal foi o máis comentado na internet.


|

O controvertido edil vigués volveu a ser o díxomedíxome das redes sociais. O seu discurso na inauguración da iluminación do Nadal foi o máis comentado na internet.


O presidente da FEMP, Abel Caballero, nun cume cos alcaldes

O alcalde Abel Caballero


Vigo non se aburre con Abel Caballero á fronte do consistorio. O alcalde da cidade olívica, que no pasado anunciou que Vigo ía ser a envexa de todas as grandes metrópoles mundiais pola súa espectacular iluminación do Nadal, sorprendeu a propios e estraños cun peculiar discurso durante a inauguración que se volveu viral nas redes aos poucos minutos.







Como se ve no vídeo da conta de 'Xornal de Vigo', o alcalde socialista tentou, con moito esforzo e pouca fortuna, internacionalizar a iluminación de Vigo chapurreando en inglés. Caballero, que malgastou euforia durante a súa intervención, deu a benvida a todos os asistentes destacando o espectáculo de luz e son que ía acompañar á cidade ao longo de todas as festas do Nadal. Tamén aproveitou para dar paso á canción “Happy Christmans”, obra do falecido John Lennon, antes de terminar o seu discurso cun: “Very welcome everbody here! Música e luz!


Este episodio lembra a outros vividos na política nacional, con protagonistas como Mariano Rajoy, que dirixíndose ao ex primeiro ministro británico David Cameron díxolle: “It´s very difficult…todo isto”, ou o xa archiconocido “relaxing cup of café con leite” da exalcaldesa de Madrid Ana Botella. Cústanos entendernos entre nós, como para facelo noutro idioma. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE