Unha obra “a cegas” botará o pano o Festival de Teatro Valacar

“Namórache a cegas” representarase na Coruña os próximos días 22, 23 e 24 de novembro.


|

“Namórache a cegas” representarase na Coruña os próximos días 22, 23 e 24 de novembro.


Once


O Grupo de Teatro Valacar clausurará a primeira edición da súa Festival de Teatro co espectáculo “Namórache a cegas”, onde, segundo reza o comunicado emitido pola ONCE, “o esencial é invisible á vista”.


Os espectadores experimentasen a través dos sentidos unha infinidade de emocións nunha sala completamente ás escuras, onde o amor e a paixón son os protagonistas da oba. Esta técnica, coñecida como “Teatro a Cegas”, realizarase por primeira vez en Galicia. Os interesados poderán non ver o evento na Sala de Teatro Intermitente Valacar da ONCE Cantón Grande os días 22, 23 e 24 de novembro. Para acceder ás mesmas, os espectadores só terán que mostrar á entrada un cupón da ONCE do día da representación.


A obra, dirixida por Pedro Rubín, está interpretada por un elenco de actores e actrices cegos e/ou con discapacidade visual, algo que non lles impediu alcanzar un importante éxito entre a crítica. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE