Rosario Porto, nai de Asunta, tratou de suicidarse no cárcere

A nai de Asunta Basterra tentou acabar coa súa vida mentres cumpre unha condena de 18 anos de prisión polo asasinato da súa filla adoptiva.


|

A nai de Asunta Basterra tentou acabar coa súa vida mentres cumpre unha condena de 18 anos de prisión polo asasinato da súa filla adoptiva.


Alfonso Basterra e Rosario Porto, durante o xuízo pola morte de Asunta

Rosario Porto durante o xuízo


Rosario Porto atópase actualmente sometida a unha vixilancia estrita despois de haber tentado atentar contra a súa vida, motivando así que se reforzase o protocolo de prevención de suicidios da prisión da Lama, onde cumpre unha condena de 18 anos.


Os feitos sucederon o pasado día 12 de novembro, cando unha interna alertou de que Rosario habíase enroscado ao redor do pescozo un cordón nas duchas. Os funcionarios acudiron a auxiliala e evitaron que sufrise lesións maiores.


Non é a primeira vez que a nai adoptiva da pequena Asunta trata de autolesionarse, xa que en febreiro foi atendida despois de inxerir un medicamento coa intención de lesionarse. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE