Piden unha medalla para o policía que salvou a dúas persoas dun incendio en solitario

|


O Policía Local de Cee, D. J.M. G. L., xogouse a vida este luns para salvar a dúas persoas dunha vivenda na que se declarou un incendio. Fíxoo en solitario, como lle sucede a moitos axentes, está a ser forzado a patrullar sen un compañeiro.




Policia cee


O policía recibiu o aviso do 112 mentres estaba a patrullar preto da casa. Ao chegar armouse co extintor do seu coche patrulla e subiu á vivenda na que había xa unha importante cantidade de fume.


Alí econtró a un home aparvado e semi-inconsciente. Como puido, sacouno da habitación e nas escaleiras atopouse coa súa esposa, á que tamén tivo que axudar a saír.


Os tres tiveron que recibir atención médica por inhalación de fume. O home rescatado aínda se atopa ingresado por esta circunstancia. Antes de concluír a súa actuación, o policía aínda tivo ánimo de pechar a porta da estancia na que se declarou o incendio -parece que por un cigarro mal apagado- evitando que o lume se propagase ante da posterior chegada dos bombeiros, que o sufocaron.


Ante estes feitos, a Unión Galega de Policías Locais (UGPOL) solicita que se lle conceda a medalla ao mérito ao axente. Ademais, UGPOL carga contra "as patrullas

unipersonales, alertando da inoperatividad e o risco que esta situación cada vez máis frecuente en municipios medios e pequenos". 


"Esta patrulla unipersonal, levou a que se poña o risco a vida do compañeiro e de os propios cidadáns, posto que un só axente puido sacar a dúas persoas á vez, sendo que fose imposible volver entrar se quedasen máis persoas no interior debido ao estado do incendio que alcanzara colchóns, teas e estaba avanzado, sendo dificultosa a respiración e menos sen medios; tanto foi así que a saturación de osixeno do home rescatado era moi baixa, a vida deste home non puidese ser rescatada se non fose por a celeridade da actuación", argumeta UGPOL.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress