A estrada nacional en Galicia que é o punto de maior risco de toda España

Este viario alberga 14 quilómetros --entre o quilómetros 535,2 e o 549,5-- catalogados polo programa europeo de valoración de estradas como "o punto de maior risco de accidentes de todo o Estado" 


|

Este viario alberga 14 quilómetros --entre o quilómetros 535,2 e o 549,5-- catalogados polo programa europeo de valoración de estradas como "o punto de maior risco de accidentes de todo o Estado"



Ferido na nacional 120 en vilamartin

Accidente tráfico N 120 Km 459,8 Vilamartín | youtube A Rexión


O BNG reclamará á Xunta a través dunha iniciativa parlamentaria que impulse medidas para reducir a sinistralidade na estrada N-120 ao seu paso polas provincias de Ourense e Lugo, considerada unha das máis perigosas de todo o Estado e que rexistra unha intensidade de tráfico de máis de 4.200 vehículos diarios.


Este viario alberga 14 quilómetros --entre o quilómetros 535,2 e o 549,5-- catalogados polo programa europeo de valoración de estradas como "o punto de maior risco de accidentes de todo o Estado", sinala a formación frontista nun comunicado.


A deputada Olalla Rodil, que lembra que desde o ano 2004 non se desenvolveu ningunha acción no viario, denuncia a "falta de mantemento" e "a progresiva degradación do pavimento" como principais causas dos accidentes na N-120.


Por iso, levarán á próxima sesión plenaria do Parlamento de Galicia unha iniciativa para pedir á Xunta que solicite ao Ministerio de Fomento --titular da infraestrutura-- que acomete obras para reducir a sinistralidade.


BARRIO DE ANGROIS

Ademais, o Bloque tamén levará ao próximo pleno a petición de que o Goberno galego acometa unha serie de obras destinadas a mellorar "a calidade de vida" dos veciños da parroquia compostelá de Angrois polos prexuízos de vivir preto da AP-9.


Deste xeito, o BNG reclamará á Axencia Galega de Infraestruturas e a Fomento que execute as actuacións, xa comprometidas, consistentes na creación dun paso elevado para permitir o acceso ás zonas agrarias de Angrois, a instalación de pantallas para reducir a contaminación acústica e a pavimentación da pista desde a Travesa de Angrois á vía de servizo da AP-9.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE