No cárcere o home bebido que atropelou mortalmente a un ancián

O xuíz do Xulgado de Instrución número 3 de Ferrol, en funcións de garda, decretou na mañá deste venres o ingreso en prisión provisional de J. M. D. P., de 41 anos, que na tarde do pasado 8 de novembro arroiou nun paso de peóns a un veciño desta mesma cidade, M. G. C., de 73 anos, que faleceu minutos máis tardescuando era trasladado en ambulancia a un centro sanitario.

|

O detido, que case triplicaba o límite autorizado de alcol, acaba de ingresar en Teixeiro



Trafico ferrol terra

Lugar do accidente nunha foto da páxina de Facebook Tráficoferrolterra


O xuíz do Xulgado de Instrución número 3 de Ferrol, en funcións de garda, decretou na mañá deste venres o ingreso en prisión provisional de J. M. D. P., de 41 anos, que na tarde do pasado 8 de novembro arroiou nun paso de peóns a un veciño desta mesma cidade, M. G. C., de 73 anos, que faleceu minutos máis tardescuando era trasladado en ambulancia a un centro sanitario.


O agora encarcerado, foi trasladado no mediodía este venres á prisión de Teixeiro, en Curtis (A Coruña), acusado dun presunto delito de homicidio por imprudencia.


Tras o accidente foi requirido por axentes da Policía Local de Ferrol e arroxou un resultado positivo na proba de alcoholemia. Concretamente, 0,71 miligramos de alcol en sangue, cando o máximo permitido por lei para poder circular é de 0,25 mg/l.


O accidente de produciu sobre as 18,30 horas na confluencia da estrada de Castela coa de San Juan e Camiño de Barbeito, nun momento de intensas choivas. Na mañá deste venres realizouse a autopsia ao home falecido no Hospital Naval, que recibiu o impacto na zona da cabeza.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE