A Xustiza manda cesar dos seus postos a 160 funcionarios por "dedazos"

Uns 160 nomeamentos en comisión de servizo no Concello da Coruña son nulos. Así o ditaminou unha sentenza do xulgado do Contencioso número dous da capital herculina.


|

Uns 160 nomeamentos en comisión de servizo no Concello da Coruña son nulos. Así o ditaminou unha sentenza do xulgado do Contencioso número dous da capital herculina.



18 05 25 RP SecSindical ConcelloACorunha 1

Rolda de prensa da CIG cando presentou a demanda que gañou agora


A xustiza dá así a razón ao sindicato CIG. A central denunciou os "dedazos" do Goberno Local esta primavera.


 A sentenza afecta a postos repartidos tanto no mandato de Xulio Ferreiro (Marea Atlántica) como anteriores alcaldes (Carlos Negreira do PP e Javier Losada do PSOE). Cando presentou a demanda a central nacionalista acusou ao actual executivo de tirar deste procedemento máis que os anteriores.  


"O certo é que este Goberno está a levalo ao extremo, convertendo algo que debería de responder a motivos de urxencia e necesidade en algo habitual", declarou en maio o secretario de Sección Sindical, José María Calatayud. Segundo datos da central, dun persoal de 1.500 traballadores, había unhas 200 comisións de servizos, das cales unhas 150 eran "irregulares".


Por agora o Concello da Coruña non valorou a sentenza. O certo é que tampouco o fixeron os grupos da oposición. 


A sentenza obriga a que os funcionarios volvan aos seus postos de traballo anteriores, antes de lograr as comisións de servizo. A lei marca que as comisións de servizo deben ter unha duración máxima de dous anos, precepto que se violou segundo a CIG. O fallo é recurrible no prazo de 15 días. 



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE