A Xustiza abre investigación sobre vertedoiro preto de Santiago
O caso do polémico vertedoiro de Miramontes entra nos xulgados. A Fiscalía de Medio Ambiente comunica á Plataforma de Afectados polo Vertedorio de Santiago de Compostela - Miramontes a apertura de deligencias. Sobre a mesa do fiscal está un posible delito ambiental na xestión do vertedoiro.
O caso do polémico vertedoiro de Miramontes entra nos xulgados. A Fiscalía de Medio Ambiente comunica á Plataforma de Afectados polo Vertedoiro de Santiago de Compostela - Miramontes a apertura de dilixencias. Sobre a mesa do fiscal está un posible delito ambiental na xestión do vertedoiro.
Membros da plataforma presentado firmas contra o vertedoiro
Segundo os denunciantes, a instalación só pode xestionar residuos industriais non perigosos e non biodegradables. Algo que se está incumprindo, segundo figura no rexistro da fiscalía, supostamente provocando problemas como malos cheiros.
O vertedoiro de Miramontes está xestionado por unha UTE, que esta primavera arremeteu moi duramente tanto contra a Xunta como contra o Concello de Santiago. A empresa acusou as administracións de favorecer unha "cerimonia de confusión" obrigándolles a suspender a actividade.
A Fiscalía tamén pon no punto de mira ás administracións, lembrándolles que a elas corresponde controlar o vertedoiro, polos que lles solicita toda a documentación sobre o mesmo.
O vertedoiro é responsabilidade de a UTE EYREGA, a cal está conformada por empresas altamente especializadas do sector ambiental: Gestán Ambiental, S.L. Sertego Servizos Ambientais S.L.U. e Ullatrans Transporte e Loxística S.L. Alí tamén ten a súa sede a empresa Tecnosolos.
Escribe o teu comentario