A ex-xefa de prensa do PP perde o seu preito contra o Concello de Santiago

|

A Sección Primeira da Sala do contencioso-administrativo do TSXG confirmou o cesamento como persoal eventual, en xuño de 2015, dunha asesora do Concello de Santiago ao considerar acreditado que traballaba exclusivamente para un partido político. 



Tsxg

Sede do TSXG


O alto tribunal galego desestima, desta forma, o recurso interposto pola traballadora contra a sentenza na que o Xulgado do Contencioso-administrativo número 2 de Santiago rexeita a súa solicitude de ser readmitida ou indemnizada por despedimento.


"Non pode esquecer a demandante que os seus nomeamentos foron en calidade de persoal eventual. E así o aceptou ela desde o primeiro  momento, polo que o seu cesamento ha de producirse automaticamente cando ten lugar o cesamento da autoridade que a nomeou e a a que presta o seu asesoramento", argumentan os maxistrados.


A traballadora desempeñou cargos de confianza na estrutura do Partido Popular do Concello de Santiago durante varias lexislaturas, ata que os conservadores foron derrotados nas pasadas eleccións locais por Compostela Aberta. 


Contra a sentenza aínda cabe recurso ante o TSXG ou o Supremo. A Xustiza fai pagar as costas á parte denunciada.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial
Powered by Bigpress