Artista galego pinta pomba da paz na tumba de Franco (VÍDEO)
O escultor coruñés Enrique Terneiro pintou este mércores sobre a tumba do ditador Francisco Franco no Val dos Caídos unha pomba con pintura vermella, no que describiu como unha "acción protesta" nunha mensaxe en Twitter.
Na gravación obsérvase como Terneiro sitúase fronte á lápida e tras apartar as flores sobre a tumba de Franco debuxou con pintura vermella unha pomba da paz co lema 'Pola liberdade'. Ao ser detido por membros de seguridade, gritou "pola liberdade e a reconciliación dos españois, para que non haxa ningún bando vencido".
Tras ser reprendido polos visitantes da Basílica, o home respondeu: "Non estou en contra da unidade de España, pero Franco matou a moitísima xente".
A Garda Civil detivo ao escultor Enrique Tenreiro por pintar sobre a tumba de Franco unha pomba da paz
Este acto produciuse no medio do debate sobre o posible traslado dos restos de Franco á cripta da Catedral da Almudena, como desexan os seus familiares, aínda que o Goberno mostrou a súa disposición para impedilo ao entender que o templo podería converterse nun lugar de exaltación do franquismo.
URXENTE. Así pintaba esta mañá con pintura vermella o artista Enrique Terneiro unha Pomba da Paz sobre a Tumba de Franco no Val dos Caídos (Pedro Armestre) pic.twitter.com/hoosdKO2i7
— Adrián S. Berger (@sanchezberger) 31 de outubro de 2018
Escribe o teu comentario