Volve a folga nas industrias transformadoras da pesca

Os sindicatos anunciaron que o sector de produtos elaborados do mar continúa coa folga prevista para os días 30 e 31 de outubro tras sentar a negociar coa patronal este luns en Madrid e piden a intervención da Administración para desbloquear o conflito.

|

Os sindicatos anunciaron que o sector de produtos elaborados do mar continúa coa folga prevista para os días 30 e 31 de outubro tras sentar a negociar coa patronal este luns en Madrid e piden a intervención da Administración para desbloquear o conflito.



2018 10 22 Folga Elaborados Mar 1xornada Fandicosta Vigo


A folga fora aprazada pola vontade de negociar que manifestou a patronal a semana pasada. Patronal e sindicatos mantiveron dúas reunións en Madrid, o pasado xoves e este luns, que terminaron cunha reiteración da folga no sector.


NEGOCIACIÓNS

Desde a CIG insisten na necesidade de que "interveña a Administración" porque "vai haber prexuízos terribles para o sector e para unha gran maioría de mulleres que traballan nel".

Fontes sindicais confirmaron a Europa Press que a patronal "non mellorou" a parte económica e que "empeorou" diversos aspectos de "determinadas licenzas".


Entre outras cousas, segundo manifestaron estas mesmas fontes, a patronal négase a "aumentar de 12 a 14 anos" (para completar a idade pediátrica) o permiso para saír do traballo para acompañar aos menores enfermos ao médico.


FOLGA INDEFINIDA

Neste sentido, as fontes sindicais consultadas por Europa Press aseguraron que "visualizan" unha "folga indefinida" se non se produce un achegamento claro por parte da patronal.


"A patronal pechouse en banda", sostiveron os sindicatos tras a reunión deste luns, sobre a que insistiron en que tiñan "expectativas de ter avances importantes", pero que non lles deixan "alternativa" á folga.


CCOO informou de que os "piquetes informativos" xa estarán na noite deste luns nos centros de traballo "para cubir o inicio da xornada nocturna".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE