Critican a privitazación dos certificados oficiais de inglés
O Trinity College, unha institución privada, poderá certificar o nivel de inglés dos profesores galegos a través do persoal dun organismo público, o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI). Esta "externalización" foi criticada hoxe por parte do principal sindicato do ensino público galega.

Escola Oficial de Idiomas de Lugo
CIG-Ensino protesta porque entende que a formación do profesorado "non pode ser unha forma de financiar entes externos, máis cando as Escolas Oficiais de Idiomas (EOIs) teñen entre as súas funcións expresas levar a cabo esta formación". A Consellería de Educación anunciou dous exames de certificación dos niveis B2 e C1 para profesores.
A central reclama que sigan sendo os traballadores públicos das EOIs quen certifique os títulos que recoñece a administración, tanto en inglés como noutros idiomas, deixando de gastar diñeiro público en favor dunha entidade privada, neste caso dependente da Universidade de Cambridge.
Escribe o teu comentario