Sen carné e con cinco menores nos asentos traseiros

A detida tratou de fuxir da Garda Civil de Tráfico cando esta tratou de darlle o alto. No seu intento de fuga conduciu "de forma temeraria".


|

A detida tratou de fuxir da Garda Civil de Tráfico cando esta tratou de darlle o alto. No seu intento de fuga conduciu "de forma temeraria".


Patrulla da Garda Civil no Camiño de Santiago

Unha patrulla da Garda Civil

A Garda Civil informou este sábado de que se investiga penalmente a unha veciña de Vigo por conducir "de forma temeraria" cando pretendía "darse á fuga" despois de ser sorprendida ao volante dun coche a pesar de ter o carné retirado.

Os feitos sucederon o pasado xoves na estrada Mos-Puxeiros, cando unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil do Porriño deulle o alto a un usuario que supostamente cometera unha infracción en materia de seguridade viaria.

A condutora do turismo non respectou as reiteradas sinais de alto que lle fixeron e pretendeu darse á fuga, acelerando o vehículo e conducindo de forma neglixente e temeraria para poñerse fose do alcance da patrulla que non tardou en darlle alcance.

Cando foi interceptada e identificada, púidose comprobar que carecía da preceptiva autorización administrativa para conducir, ao serlle retirada por sentenza xudicial.

Por mor desta intervención, a patrulla da Agrupación de Tráfico tamén puido comprobar que na parte de atrás do vehículo viaxaban cinco nenos de idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos: tres deles ían no asento sen cinto de seguridade nin sistema de retención infantil e os outros dous estaban sentados no chan do turismo.

INFORME Á FISCALÍA DE MENORES
Por mor da neglixente actuación desta condutora, notificóuselle a súa condición penal de investigada como suposta autora dun delito contra a seguridade viaria.

Ao mesmo tempo, emitiuse un informe á Fiscalía de Menores debido ás deficientes medidas de seguridade coas que viaxaban os nenos no coche.

As dilixencias instruídas remitíronse ao Xulgado de Instrución Número 2 do Porriño.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE