A enquisa do CIS en Galicia sitúa ao PSOE primeiro e a Cidadáns terceiro

O barómetro do CIS de outubro volve apuntar cambios importantes no panorama electoral galego. 


|

O barómetro do CIS de outubro volve apuntar cambios importantes no panorama electoral galego. 



Cis barometro outubro galicia

Resultados estatais e autonómicos na enquisa do CIS de outubro 


Así, o PSdeG encabeza a clasificación con case seis puntos de vantaxe sobre o PPdeG.


Os socialistas suman 27,6 puntos no cadro de "Voto+Simpatía" que suma as tendencias de varias preguntas da enquisa, realizada a principios de mes. A pesar de que o PPdeG sempre é o máis votado na autonomía, agora, como no anterior barómetro, cae á segunda posición, con 21,9 puntos. Os socialistas gañan tamén en intención de voto directa, con 25,5 puntos fronte a 19,4 do PPdeG.


Outra sorpresa é o importante avance de Cidadáns Galicia, con 12,8 puntos. Os laranxas situaríanse moi por diante de En Marea, que cae ata os 6,1 puntos. 


A fiabilidade da enquisa do CIS en Galicia está lastrada por limitado da mostra e por, entre outros factores, non ter en conta ao BNG. O CIS non contabiliza ao Bloque, pois só pregunta por forzas de ámbito estatal ou que teñen representación nas Cortes.


Respecto a o anterior barómetro, o PSOE obtén unha importante subida (+6,2 puntos); o PP sobe tres puntos; Cidadáns suma 0,9 puntos; e  En Marea derrúmbase perdendo a metade do seu apoio.


Vox, que no Estado suma un 1 por cento, queda á metade en Galicia.


RESULTADOS ESTATAIS


O PSOE gañaría as eleccións xerais se se celebrasen hoxe co 31,6 por cento dos votos, segundo a última enquisa do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) feita pública este xoves.


Cidadáns situaríase como segunda forza cun apoio do 21 por cento e desbancaría ao Partido Popular, que quedaría en terceiro lugar co 18,2 por cento dos votos.


Así, o Barómetro de opinión do CIS correspondente ao mes de outubro amplía a vantaxe do PSOE ata os 13,4 puntos sobre o PP, que perde a segunda praza en favor de Cidadáns ao baixar máis de dous puntos.


Unidos Podemos e as súas confluencias seguen en cuarto lugar e só suman un 14,3%, a súa cota máis baixa desde que entraron en política.


PEDRO DUQUE, O MINISTRO MELLOR VALORADO

O ministro de Ciencia e Universidades, Pedro Duque, volve figurar en outubro como o ministro mellor valorado do Goberno cunha nota de 4,56 puntos, aínda que perde case un punto respecto ao dato de xullo, ao pouco que de ser nomeado.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE