Pacientes de psiquiatría andan con mantas pola falta de calefacción

O Hospital Gil Casares acaba de sufrir un novo derrube nun dos seus teitos interiores. Un exemplo máis da deterioración deste centro do SERGAS.


|

O Hospital Gil Casares acaba de sufrir un novo derrube nun dos seus teitos interiores. Un exemplo máis da deterioración deste centro do SERGAS.



Derrube do teito dun corredor no Hospital Gil Casares de Santiago.

Un anterior derrube no Gil Casares


Así, Comisión Obreiras Sanidade alerta das "múltiples queixas" polo "mal funcionamento da calefacción na planta de psiquiatría". O sindicato asegura que os pacientes teñen que "andar por esta unidade cubertos por mantas".


A Xunta ten previsto pechar o Gil Casares, ante a ampliación do CHUS e a construción dunha nova facultade de medicina no campus sur de Santiago de Compostela. CC.OO. entende que isto non xustifica a falta de mantemento mentres continúa aberto ao público.


O novo derrube -xa houbo polo menos outro- se produciu "na tarde do mércores, cando caeu parte do teito da planta baixa do hospital". Algo "previsible" pois a zona presentaba un "buraco" hai tempo. 


O sindicato esixe investir no centro mentres funcione, "se non queremos que un día se produza unha desgraza".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE