Cortes de auga na Coruña e a súa área

A avaría nunha tubaxe principal deixa sen auga a veciños dos municipios de Culleredo, Cambre e Oleiros e a vivendas da Coruña límitrofes coa área metropolitana, un servizo que se restableceu "maioritariamente" a última hora da tarde do martes e que se restablecerá na súa totalidade "ao longo da mañá" deste mércores.

|

Rotura tuberia emalcsa

Obras de reparación | Concello de Oleiros

Así o informaron a Europa Press desde a Empresa Municipal de Augas da Coruña (Emalcsa), que explicaron que foi necesario parar unha das tres plantas da depuradora de Bens debido á "rotura fortuíta" nunha condución principal na zona de Rutis, en Culleredo.

A tubaxe quedou reparada a última hora de onte, quedando practicamente todo o servizo restablecido desde as 21,30 horas tras os traballos realizados por un operativo de 30 persoas. Durante a mañá, prevese que haxa problemas de baixa presión na auga e episodios de auga turbia durante a semana, explicaron desde Emalcsa. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario

He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE