PuntoGAL representa á Galicia na reunión do ente que regula as direccións da internet
O dominio galego da internet PuntoGal, que roza os 5.000 identificadores rexistrados, participará en Barcelona na 63 ICANN Meeting, un encontro internacional sobre a rede organizada por o organismo que regula Internet a nivel mundial e que terá lugar entre este sábado, día 20, e o 25 de outubro.
Presentación do .gal
A ICANN escolleu o Centro de Convencións Internacional de Barcelona (CCIB) para a súa reunión central do ano, na que se abordarán diversos temas que afectan á gobernanza da rede.
Neste encontro, PuntoGal contará cunha caseta compartida, onde se informará sobre o dominio que representa á comunidade galega na rede, o '.GAL', ademais de tomar parte en distintas reunións con empresas e entidades do sector. Para a ocasión, o dominio elaborou distinto material promocional, que lle será entregado aos asistentes ao congreso.
Entre as accións programadas pola asociación figura a reunión anual que os dominios .eus, .cat e .gal manteñen cos rexistradores cos que traballan habitualmente, onde se presentarán as accións para desenvolver no próximo ano. Este encontro celebrarase o venres, día 26, como peche das actividades en Barcelona. O ano pasado esta sesión foi organizada por PuntoGal en Santiago de Compostela.
Igualmente, os representantes do dominio participarán durante a semana na reunión do Grupo dos GeoTLDs, do que .GAL forma parte. O grupo é unha organización internacional que representa os intereses dos dominios de primeiro nivel xeográficos que identifican a unha cidade, rexión, lingua ou cultura.
Escribe o teu comentario