"A Bóveda matouno a ditadura, esquecéuselles poñelo na exposición"

|

"A Castelao e a Bóveda matounos a ditadura de Franco e o seu caciquismo (esquecéuselles poñelo en algures na exposición)". Este é un das moitas mensaxes críticas no libro de visitas da exposición Castelao Maxistral na Cidade da Cultura. 



Boveda libro de visitas


A crítica asinada por "Xosé" non pasaría de anécdota se non fose porque outros moitos visitantes tamén mostraron por escrito o seu enfado no mesmo libro de visitas. E porque a propia inauguración trouxo marusía política, acusando a oposición ao presidente de la Xunta de manipular o verdadeiro sentido de "A Derradeira Lección do Mestre", o icónico cadro de Castelao que é o centro da mostra.


"Limitar a figura de Castealo no debuxo e á pintura é menosprezar todo ou que fixo por este país", escribe Saleta. Ferrán di que "paréceme unha exposición, a de Castelao, profundamente manipulada", Manuel que "xa está ben de manipular a figura de Castelao", etc. Aproximadamente unha terceira parte das mensaxes do libro de visitas son críticos ou coa falta de contexto da obra e a súa suposta manipulación nesta exposición.


O certo é que "A Derradeira Lección do Mestre" ten un sentido evidente, unha crúa denuncia da represión fascista de 1936 que se cebou con moitos profesores, entre outros con Alexandre Bóveda, cuxo cadáver xace ensanguentado no cadro.  


Nese sentido, a exposición o Museo do Gaiás está coxa, pois pon máis énfase en explicar o papel dos profesores naquela época que en relatar como e quen executou a persoas como Alexandre Bóveda. No panel principal á beira do cadro dise simplemente que foi fusilado "inxustamente".


POLÉMICA POLÍTICA

Cando inaugurou a mostra, o presidente de la Xunta tamén optou por obviar as causas do exilio de Castelao e do asasinato do seu compañeiro do Partido Galeguista, mais alá de xenéricas referencias a unha "lección histórica". Algo que enfadou a parte da oposición. "O mestre que aparece nesta obra foi asasinado, palabra que non foi amentada por Feijóo; e evoca a Alexandre Bóveda", díxolle Luís Villares (En Marea). Ana Pontón cualificó de "ofensivo" que a Administración obviase o "intento de aniquilación do nacionalismo ". 



Inaguracion a derradeira leccion do mestre


Unha polémica, a do significado de Castealo e a súa obra, que, polo visto no libro de visitas, está lonxe de amainar.





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress