Alcalde declara no xulgado por cobrar dietas mentres estaba en Lourdes

José Dafonte está a ser investigado por pasar dietas sen que ata agora o Concello achegase documentación que probe os gastos.


|

José Dafonte está a ser investigado por pasar dietas sen que ata agora o Concello achegase documentación que probe os gastos.



Jose dafonte

José Dafonte


O alcalde do municipio coruñés de Trazo, José Dafonte (PP), foi chamado a declarar en calidade de investigado por oun suposto cobro irregular de dietas do Concello e por mor dunha denuncia presentada polo PSOE local.


Segundo as fontes consultadas por Europa Press, o alcalde e a secretaria do Concello foron chamados a declarar o pasado 5 de outubro, pero o avogado da acusación pediu a suspensión porque faltaba "o expediente" que se requiriu ao Concello, é dicir, a información sobre o cobro das dietas.


Posteriormente, tratáronse de fixar outras dúas novas datas (o 29 de outubro e o 16 de novembro), pero en ningún dos dous casos podía a defensa, polo que está pendente de pecharse a citación do rexedor.


ACUSACIÓNS DA OPOSICIÓN

En declaracións a Europa Press, a portavoz do PSOE local, Beatriz Domínguez, explicou que a pesar das peticións realizadas polo seu grupo, "non viron nada que xustifique o cobro" das dietas e advertiu que algunhas desas compensacións "ou se duplican ou non son reais".


Pola súa banda, fontes do PP da Coruña manifestaron a Europa Press o seu "respecto polos procesos xudiciais e a independencia xudicial", así como pola "presunción de inocencia", pero non quixeron entrar a valorar este caso neste momento procesual.


O pasado mes de xuño, o PSOE anunciou a súa denuncia polo cobro de dietas por "supostas visitas institucionais" a Santiago de Compostela realizadas en datas nas que tiña delegadas as súas tarefas por atoparse de vacacións e de viaxes en Lourdes (Francia) no País Vasco. Os socialistas tamén puxeron en coñecemento do Valedor do Pobo e o Consello de Contas esta situación.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE