O Celta di basta con Balaidos

O club celeste non investirá máis diñeiro no estadio municipal e paraliza as obras de remodelación do seu feudo. O distanciamento entre o a entidade olívica e o consistorio vigués é total.


|

O club celeste non investirá máis diñeiro no estadio municipal e paraliza as obras de remodelación do seu feudo. O distanciamento entre o a entidade olívica e o consistorio vigués é total.



Balaidos

Balaidos durante a súa remodelación


Malos tempos para Balaidos. Non por fútbol, senón pola mala relación existente entre o RC Celta de Vigo e o Concello de Vigo, o primeiro usuario do estadio e o segundo propietario do recinto. O desencontro entre Mouriño, presidente do cadro celeste, e a cidade de Vigo levou ao mandatario celtiña a paralizar as obras de remodelación da cancha do Celta. O presidente acusa o consistorio vigués de non atender aos requirimentos do club nin da liga e que non poñen diñeiro nas reformas.


Un dos aspectos que levou ao club para tomar esta decisión é a mala iluminación do campo, que levou á liga a advertir ao Celta desta situación, algo que podería derivar en multas por parte da competición. A entidade xa investiu máis de oito millóns de euros nas reformas e reparacións do estadio e non ten planeado aumentar o investimento no recinto municipal.


A semana pasada o propio Mouriño advertiu que non vía “en 10 anos” ao Celta xogando en Balaidos, o que avivou aínda máis as especulacións sobre a construción dun novo estadio, propiedade do club, ou o traslado do equipo para xogar noutra cidade. Polo momento, os celestes seguirán xogando de locais en Balaidos. Polo momento.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE