O temporal provoca preto de 50 incidencias na Coruña e Pontevedra

A choiva e o forte vento obrigou aos servizos de emerxencias a estar alerta esta pasada madrugada, tendo que actuar en preto de 50 casos. Ao longo da noite mantívose a alerta amarela nas provincias da Coruña e Pontevedra, as máis afectadas.


|

A choiva e o forte vento obrigou aos servizos de emerxencias a estar alerta esta pasada madrugada, tendo que actuar en preto de 50 casos. Ao longo da noite mantívose a alerta amarela nas provincias da Coruña e Pontevedra, as máis afectadas.


Árbore caída na calzada polo temporal en Vigo

Imaxe de arquivo sobre as desfeitas provocadas polos temporais


Segundo informou o Centro Integral de Atención a Emerxencias 112-Galicia, a maior parte das incidencias foron provocadas pola caída de árbores e ramas e, por fortuna, non hai que lamentar persoas feridas.

A provincia da Coruña foi a que concentrou o maior número de incidencias relacionadas coa meteoroloxía, un total de 25, das que 12 foron retirada de obstáculos que entorpecían a circulación, como árbores, ramas, cables ou postes de iluminación caídos nas estradas.

Ademais, os servizos de emerxencias atenderon na Coruña 13 incidencias relacionadas con inundacións en vivendas, rúas e bolsas de auga en estradas. En Pontevedra, pola súa banda, tiveron lugar 22 incidencias, na súa maioría caida de árbores que entorpecían a circulación do tráfico. 


Os concellos que rexistraron mais incidencias foron A Pobra do Caramiñal, Boiro e Ribeira, na Coruña, con cinco intervencións cada un; e Moaña (Pontevedra), onde se rexistraron tres incidencias.

relacionada Varios mortos polas tormentas en Mallorca

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE