Campos depende da oposición para aprobar os orzamentos provinciais
O presidente da Deputación de Lugo confía en que o dialogo entre o seu grupo, co que goberna en minoría, e a oposición, poida chegar a bo termo.
O presidente da Deputación de Lugo confía en que o dialogo entre o seu grupo, co que goberna en minoría, e a oposición, poida chegar a bo termo.
Darío Campos, presidente da Deputación de Lugo, durante un acto
O presidente da deputación de Lugo, o socialista Darío Campos, tendeu a man á oposición para aprobar os orzamentos provinciais, como xa se fixo en exercicios anteriores.
O grupo socialista goberna en minoría (dez deputados), polo que precisa do respaldo doutros grupos (PP doce, dous BNG e un non adscrito) para a aprobación das contas.
Campos asegurou que xa se está "elaborando o documento, e hai servizos que xa están a pasar o orzamento que se podía realizar para o ano que vén, ou que necesiten para o ano que vén".
Sobre ese "documento" estableceranse "negociacións, porque nós non podemos apoialos sós porque non temos maioría, como se fixo no últimos tres anos". "Imos seguir o mesmo camiño. A miña prioridade é a aprobación de orzamentos para poder traballar durante o ano e este ano vai ser igual", temperou.
Respecto diso das contas, a portavoz dos populares, Elena Candia, negou que a "prioridade" do presidente sexa "a aprobación dos orzamentos, a súa prioridade non é a provincia, nin a deputación".
Afeaba que a prioridade de Campos "é seguir tentando xerar conflito e poñer a institución ao servizo do partido socialista, que aínda que el non o dirixe (o PSOE provincial) convértese nun cooperador necesario das estratexias que pon en marcha o secretario xeral do partido socialista (o tamén deputado Álvaro Santos)".
Escribe o teu comentario