Ráialle o coche ao seu pai, pégalle, foxe de casa e chama á Policía

Un adolescente de 16 anos chamou á Policía Local de Lugo durante a madrugada deste xoves para denunciar a discusión que estaba a ter cos seus pais despois de raiarlles o coche nunha vivenda de Campos Novos.

|

Un adolescente de 16 anos chamou á Policía Local de Lugo durante a madrugada deste xoves para denunciar a discusión que estaba a ter cos seus pais despois de raiarlles o coche nunha vivenda de Campos Novos.


Os corpos locais da Policía acudiron á chamada do menor sobre as 3,00 horas da madrugada deste xoves, 12 de xullo, e constataron que os feitos se orixinaron tras unha rifa que mantivo cos seus pais por chegar tarde a casa.


Por mor da mesma, o menor saíu ao exterior da vivenda e raiou o lateral do coche do seu proxenitor cunha chave, acción que o mozo comunicou ao seu pai antes de propinarlle unhas patadas e volver abandonar a casa.


Lucusaugustihula

Hospital de Lugo, o Hula


Tras o ocorrido, a Policía chamou a unha ambulancia do 061 ao constatar que o menor estaba a ser tratado por un psicólogo e foi trasladado ao hospital de Lugo (HULA), no que recibiu o alta máis tarde.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE